Giacomazzi, Tobias
Quero andar sen rodiñas! / Tobias Giacomazzi - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2025 - 32 p. : il.cor ; 26 cm.
Unha proposta orixinal e chea de humor sobre a importancia da vontade e da resiliencia como elementos fundamentais no proceso de aprendizaxe e de crecemento.
Esta obra, finalista do XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, comeza coa reivindicación dunha pequena ra pesarosa que expresa o seu afán por desprenderse das rodiñas da súa bicicleta. Rino aspira a ter a destreza dos seus veciños adultos, capaces de pedalear mentres levan o xornal debaixo do brazo, transportan a cesta da compra, reparten o correo, ou ata fan acrobacias sobre un monociclo.
Sen embargo, o seu primeiro paseo sen rodas de apoio remata en pranto e frustración, momento no que aqueles aos que pretendía imitar solidarízanse con el dun xeito sorprendente.
«Quero andar sen rodiñas!» é a historia de moitos nenos e nenas que, como o entrañable e inquedo protagonista deste relato, Soña con medrar rápido e facer cousas propias dos maiores. O tropezo nas súas expectativas ensinaralle o valor da solidariedade e da empatía, da constancia e da resiliencia.
Tobias Giacomazzi presenta unha obra cuxos personaxes son animais humanizados moi diversos: vaca, can, pomba mensaxeira, saltón… Á sinxeleza do texto, que destaca pola repetición da frase que lle dá título ao libro, engádense unhas ilustracións a dobre páxina que combinan os retratos e as escenas urbanas que permiten gozar dos detalles e dos acenos de humor: a cegoña que atravesa co peteiro o xornal que vai lendo pola rúa; as cartas que, arrastradas polo aire, crávanse nas pugas do ourizo; o rato que se agocha do gato cuxa cola está prendida nunha trampa… Xunto coa expresividade dos personaxes e un tratamento cromático a base de tonalidades pastel, o autor amosa o seu dominio
das perspectivas e dos planos de encadre.
4º-5º-6º Educación Infantil 1º-2º Primaria
9788413433479
Resiliencia
Solidariedade e empatía
Medrar
Bicicletas
Animais humanizados
Persistencia
82