Bilbao, Leire

Poemas bestas e outros bechos / Leire Bilbao - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2021 - 71 p. : il. cor ; 25 cm

«Poemas bestas e outros bechos» é o poemario irmán maior
de «Bechopoemas e outras bestas» (KALANDRAKA), galardoado co Premio Euskadi de Literatura 2017, o Premio Kirico 2019 ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, e o 3º Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2019 na mesma. Xuntos forman unha proposta poética global na que esta segunda parte dá un paso máis elevando o nivel de lectura.
Os protagonistas volven a ser criaturas que habitan na terra,
na auga e no aire. A rima lúdica e o ritmo pegadizo
destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas
colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos adaptados polo tradutor Isaac Xubín destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas e os xogos de palabras a base de diálogos poéticos, concatenacións, acrósticos, repeticións e outros recursos literarios. A diversión e o sentido festivo da poesía están servidos nestas páxinas, que tamén presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación, enxeño e sentido do humor.

Despois do éxito de «Bechopoemas», chega esta segunda parte protagonizada por máis criaturas que voan, nadan, reptan e ruxen ao ritmo dos versos.

3º-4º Primaria 5º-6º Primaria

9788413431048


Animais
Natureza
Imaxinación
Vida cotiá
Poesía
Froitas

82-P

Coa tecnoloxía Koha