Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Un día de chuvia e flores / Carme Solé Vendrell

por Solé Vendrell, Carme [autor/a]; Solé Vendrell, Carme [ilustrador/a]; Sotelo, Alberto [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2023 Edición: 1ª ed.Descrición: 32 p. : il. cor ; 23 cm.ISBN: 9788413432113.Materia(s): Cooperación | Sensibilidade | Antibelicismo | Natureza | XenerosidadeRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Tras recoller flores silvestres, o protagonista vai ofrecéndoas segundo avanza no seu camiño: primeiro aos animais do prado, logo a un campesiño sobre un carro, tamén á condutora dun vehículo, ao persoal dunha fábrica fumegante, aos habitantes dunha vila... Con ese xesto tan sinxelo consegue que a monotonía, o silencio, a polución, a violencia… se convertan en espontaneidade, ledicia, natureza, paz…
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Juan Fernández Latorre
Sala préstamo
831 SOL día Dispoñible AZUIS CEC119000009851

Un texto mínimo e unhas ilustracións poéticas e metafóricas conteñen unha grande historia sobre como pequenas accións, humildes e silenciosas, son capaces de cambiar moitas vidas, incluída a de quen porta nas súas mans este libro.

«Un día de chuvia e flores» foi a primeira obra de Carme Solé Vendrell como autora integral. Para este clásico de 1981 inspirouse nunha escena que presenciou en Venecia, onde un neno cun paraugas aberto e un ramo de flores entraba no portal dunha casa.

Un día gris vólvese luminoso ao paso deste neno sensible e xeneroso. As imaxes, descritivas e de tons suaves, forman unha secuencia lineal e dinámica -grazas á variedade de planos que nos permite seguilo ao longo dos seus encontros e gozar dos efectos positivos de cada obsequio mentres se afasta.

Un libro practicamente visual cunha poderosa e necesaria mensaxe de cooperación, respecto ao medio ambiente e antibelicismo.

Tras recoller flores silvestres, o protagonista vai ofrecéndoas segundo avanza no seu camiño: primeiro aos animais do prado, logo a un campesiño sobre un carro, tamén á condutora dun vehículo, ao persoal dunha fábrica fumegante, aos habitantes dunha vila... Con ese xesto tan sinxelo consegue que a monotonía, o silencio, a polución, a violencia… se convertan en espontaneidade, ledicia, natureza, paz…

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha